Saturday 27 de April de 2024

Sae a licitación por 100.000 euros a pavimentación de camiños en Miño e Perbes


• O prazo para a presentación de ofertas manterase en vigor ata o próximo 5 de maio.

• Os traballos incluirán a limpeza das vías, a pavimentación e a posterior sinalización.

O Concello de Miño sacou a licitación o proxecto de mellora de diversos camiños municipais nas parroquias de Miño e Perbes, que conta cun orzamento de 99.830,29 euros.

A actuación supoñerá o acondicionamento do camiño de Condomiñas e o camiño que conecta as rúas Robaleira e Hermo, en Miño, e do tramo Arbosa – urbanización Os Piñeiros, en Vos Currás, o camiño Sambollo – Dous Ríos e o tramo Muiño – Chancas, en Nigrofe, estando situados estes tres últimos viais na parroquia de Perbes.

Os traballos consistirán na limpeza das vías e as marxes, a pavimentación da calzada e a posterior sinalización.

O prazo para a presentación de ofertas manterase en vigor ata o próximo día 5 de maio, e os traballos terán un prazo de execución de tres meses.